Cargando resultados...
A lei galega de igualdade efectiva entre homes e mulleres chegará ao Parlamento en 2023
Comezará a tramitarse no primeiro trimestre do 2023
O obxectivo é avanzar na igualdade laboral e na protección das mulleres
G24.gal
22/11/2022 13:37
Co día internacional para a eliminación da violencia contra a muller ás portas, a Xunta reafirma o seu compromiso coa igualdade e contra a violencia de xénero. A conselleira de Igualdade anunciou que traerá á cámara galega a nova lei de igualdade efectiva entre homes e mulleres no primeiro semestre do ano.
María Jesús Lorenzana avanzou que a lei trata de reforzar a igualdade no eido dixital para protexer á muller de ataques sexistas na rede, que creará espazos urbanos libres de violencia e acoso sexual e melloras a nivel formativo e a nivel laboral co obxectivo de paliar a subrepresentación feminina.