Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presuntos amaños nas primarias que gañou Sánchez: "Sen que te vexa ninguén metes as dúas papeletas", dille Cerdán a Koldo

Presuntos amaños nas primarias que gañou Sánchez: "Sen que te vexa ninguén metes as dúas papeletas", dille Cerdán a Koldo

Os investigadores destacan esta conversa como exemplo dos "labores" que Cerdán daba a Koldo pola "forte confianza" depositada nel

Pedro Sánchez, nunha imaxe do seu discurso logo de gañar as primarias de 2014
G24.gal 12/06/2025 15:25

O informe da UCO remitido o Tribunal Supremo recolle tamén unha conversación que apunta a un presunto amaño nas primarias socialistas de 2014, as primeiras que gañou Pedro Sánchez.

"Cando termine apuntas como que votaron eses dous que che faltan sen que te vexa ninguén e metes as dúas papeletas", escribiu o actual secretario xeral de Organización do PSOE, Santos Cerdán, ao exasesor ministerial Koldo García, o 13 de xullo de 2014. "Xa está", respondeulle este.

A UCO di que esta conversación "puidese enmarcarse nas eleccións primarias para determinar o novo secretario xeral do PSOE". Os investigadores destácana como exemplo dos "labores" que Cerdán daba a Koldo pola "forte confianza" depositada nel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade