Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lectura continuada do 'Quixote' para conmemorar o Día do Libro

Lectura continuada do 'Quixote' para conmemorar o Día do Libro

Unha trintena de persoas participaron na lectura organizada pola fundación Cum Laude de Ourense na cafetería Ceres

Fixérono nunha cafetería, un espazo de lecer, de encontro e tamén de acción cultural
G24.gal 23/04/2025 19:43 Última actualización 23/04/2025 19:56

A lectura continuada do Quixote foi o acto elixido para conmemorar o Día do Libro pola fundación cultural Cum Laude de Ourense.

"O 'Quixote' é o libro emblemático co que empeza a novela moderna", explica Ángeles Rodríguez Baliño, organizadora do acto.

Fixérono nunha cafetería, un espazo de lecer, de encontro e, tamén, de acción cultural.

"Encantoume. Eu, cantas máis cousas se fagan como esta, encantado", sinala un dos participantes.

Algúns foron co seu propio libro, para compartiren co público a lectura escollida.

"Eu son unha namorada do 'Quixote'. Lino oito ou nove veces, desde moi pequena", di unha das lectoras.

Luís é portugués, pero tamén aceptou o reto de enfrontarse á linguaxe cervantina.

"Non foi fácil. Pero non me tocaron palabras moi antigas", comenta.

Unha lectura pausada en tempos de moitas présas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade