Laura Ferrero e Marcos Giralt Torrente conversan cos lectores na Festa dos Libros de Pontevedra
Laura Ferrero e Marcos Giralt Torrente conversan cos lectores na Festa dos Libros de Pontevedra
Entre este venres e o domingo trece librarías instalan os seus postos na Praza da Ferrería, onde haberá sinaturas dos libros polos seus autores
Independentemente dos nomes propios, dos intelectuais, esta é unha festa creada para vivir a literatura na rúa, algo que adoran os lectores
Xa está en marcha a sexta edición da Festa dos Libros de Pontevedra, unha colaboración entre o Concello e as librerías da cidade que se trasladan ás rúas.
Haberá máis de cen autores e 92 actividades desde contacontos, mesas redondas, talleres ou recitais.
O grande evento da primeira xornada foi a conversación entre Laura Ferrero, unha escritora que con Los astronautas vai pola terceira edición, un dos fenómenos literarios do ano, e Marcos Giralt Torrente, premio nacional de Narrativa no ano 2011 e o neto de Torrente Ballester.
"Como escritor que pasas moito tempo no ordenador en soidade é marabilloso poder interactuar cos lectores, e coñecer aos lectores, a outros escritores, ver os libros nas mans... pero esta idea de que non sexa un desfile de casetas e que te vaias paseando como lector á busca do escritor que che asine, aquí nesta festa de Pontevedra é máis un espazo onde socializar e iso é bonito", conta Marcos Giralt Torrente, escritor.
"Hoxe a relación cos lectores é a través das pantallas, e iso está ben porque chos achegan, pero non é o mesmo que estar aquí, velos, que che conten. O estar con persoas sempre é moi distinto que o mundo do dixital", explica Laura Ferrero a TVG.
Escritores, coloquios, sinaturas de exemplares, pero sobre todo trece librerías da cidade e os libreiros que achegan unha parte do seu espírito aos lectores, a grande alma desta festa dos libros
"As feiras é onde máis se ve o oficio do libreiro porque tes moitos menos recursos ao teu dispor", relata Xosé Pérez, da Editorial Kalandraka.