Cargando resultados...
Bate contra un coche aparcado e lánzao contra o muro dunha casa en Pontevedra
O impacto foi tan forte que rompeu o formigón e entrou no patio da casa
G24.gal
05/08/2026 13:30
O coche que conducía o ferido saíu da vía, chocou contra unha varanda, impactou con outro turismo e lanzouno contra o muro dunha casa. Despois de impactar contra o poste da luz, o primeiro vehículo e o seu condutor remataron no medio da estrada.
Sucedeu na nacional 550 ao seu paso pola parroquia pontevedresa de Salcedo. O estrondo foi tal que foron moitos os que acudiron auxiliar o home. Case todos coinciden na sorte de que primeiro batese cun coche aparcado e non chegase á terraza do bar.
Os veciños denuncian que xa se produciron varios accidentes graves nesa rotonda, polo que reclaman medidas para aumentar a seguridade.