Publicador de contidos
Publicador de contidos

Kraken aínda non foi detectada en Galicia, pero as autoridades recomendan prepararse coa vacina

Kraken aínda non foi detectada en Galicia, pero as autoridades recomendan prepararse coa vacina

A sublinaxe de Nova York esténse con rapidez por Europa e espérase que axiña será prevalente en Galicia

G24.gal 09/01/2023 14:40

As autoridades están atentas ante a chegada cunha nova variante, a Kraken, que vén dos Estados Unidos, e que se estende por Europa. Polo momento non se detectou ningún caso en Galicia, pero nas próximas semanas espérase que sexa maioritaria.

A rapidez coa que se estende esta sublinaxe de ómicron desde que foi detectada no estado de Nova York chamou a atención de OMS que vixía esta variante como de especial interese. Agárdase un rápido traslado a Europa onde axiña substituirá as liñaxes anteriores de covid, pero quizais sen provocar unha grande onda.

"Noutras ocasións isto cadrou con aumentos importantes da incidencia de covid pero desta vez en Estados Unidos só está a haber unha substitución dunha variante pola otra sen que haxa un incremento xeral da incidencia", explica Hugo Pérez Freixo, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública do CHUS.

"O que fan estes virus é que teñen unha vantaxe selectiva e son capaces e infectar e replicarse mellor pero doitan ser infeccions leves e de poucos días", engade África González, inmunóloga.

A chegada de Kraken, en pleno inverno, no medio da convivencia coa gripe e despois das reunións do Nadal aconsella que os vulnerables se protexan: que fagan uso prudente da máscara e que a leven sempre as persoas con síntomas. Os expertos aconsellan a 4º dose da vacina.

A campaña de vacinación da covid mantense en todas as áreas sanitarias e a vacina está tamén dispoñible para menores de 60 sen patoloxías, nos puntos habituais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar