Cargando resultados...
Kipchoge esnaquiza o seu propio récord de maratón
Sitúa a marca en 2:01:09 e rebaixa en trinta segundos o seu propio rexistro
G24.gal
25/09/2022 11:25
Eliud Kipchoge segue a facer historia. No maratón de Berlín esnaquizou a súa propia marca e rebaixouna en trinta segundos. Nunha carreira que queda para a lembranza, o kenyano asinou un tempo de 2:01:09 e durante moitos quilómetros mesmo se falou de que puido baixar das dúas horas. Pasou polo medio maratón cun espectacular 59:50 e, xa sen lebres, percorreu en solitario os últimos 17 quilómetros á procura da gloria.
