Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kíiv non cre que o Kremlin busque unha guerra de desgaste

Kíiv non cre que o Kremlin busque unha guerra de desgaste

Prognostica que Rusia se retirará de todos os territorios, agás do sur e do leste.

Sospeita que Moscova tratará de ditar condicións atrincheirada nestas rexións

 

G24.gal 02/04/2022 14:03

A intelixencia británica confirma que o exército ucraíno avanza sobre a retirada das forzas rusas arredor da capital. Irpin, que soportou o embate inimigo durante máis dun mes, quedou convertida nunha cidade pantasma. As autoridades locais falan duns 3.000 civís mortos e aínda hai cadáveres nas rúas sen contabilizar.

O goberno de Kíiv non cre que Rusia busque unha guerra de desgaste. Prognostica que se retirará de todos os territorios, agás do sur e do leste, para reducir perdas e ditar condicións, atrincheirado nesas rexións.

Desde o Kremlin din que nas últimas horas destruíron 67 obxectivos militares ucraínos e que as milicias prorrusas fixeron avances no Donbás e causaron corenta baixas nas tropas do país.

Este sábado pactáronse sete corredores humanitarios nas zonas de combate. Unha vez máis intentarán evacuar os civís de Mariupol, atacada, asediada e sen servizos básicos desde hai máis dun mes. O presidente Zelenski dixo que o que está pasando nesta cidade non pode ser contestado co silencio por parte de Europa.

Nunha entrevista na Fox, Zelenski subliñou que as sancións a Rusia funcionan pero que hai que presionar máis.

O xefe dos servizos humanitarios da ONU ten previsto viaxar o domingo a Moscova e ir logo a Kíiv para tratar de impulsar unha tregua. O papa Francisco indicou que tamén ten sobre a mesa unha posible visita á capital ucraína.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade