Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kassius Robertson será a arma de Moncho Fernández ante o Barcelona

Kassius Robertson será a arma de Moncho Fernández ante o Barcelona

O aleiro xa se está adestrando co grupo, despois de someterse a recoñecemento médico

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 29/11/2022 13:39 Última actualización 30/11/2022 12:23

Kassius Robertson xa se está adestrando co grupo despois de someterse a recoñecemento médico. Estará listo para xogar o sábado ante o Barcelona. Esta mañá foi a súa presentación.

O escolta canadense regresa así á liga Endesa, onde xa xogou as últimas dúas tempadas, promediando case 15 puntos en 67 partidos vestindo a camiseta do Obradoiro.

Robertson, de 1,91 metros e 28 anos, procede do Reggio Emilia, co que disputara 11 partidos durante a presente campaña, 7 da Lega (8.7 puntos, 2.3 asistencias, 0.6 recuperacións e 1.7 perdas) e 4 da Basketball Champions League (10.0 puntos, 1.3 asistencias, 0.8 recuperacións e 1.5 perdas).

Internacional por Canadá e tamén con nacionalidade jamaicana, Kassius pasou anteriormente polo Bayreuth alemán (2018/19), tras concluír a súa etapa universitaria en Canisius (2013-17) e Missouri (2017/18, Equipo Ideal da súa Conferencia).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar