Publicador de contidos

Publicador de contidos

Karlotta perdeu forza en Galicia pero mantén a inestabilidade

Karlotta perdeu forza en Galicia pero mantén a inestabilidade

O interior de Pontevedra estivo en aviso amarelo por chuvia na xornada do venres

Para a xornada do sábado vén un aviso laranxa no mar e amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense

G24.gal 09/02/2024 20:58 Última actualización 09/02/2024 22:04

O paso da borrasca Karlotta promete quedar gravado na memoria. En Viveiro andan aínda en proceso de dixestión do vento que paparon este xoves. Alcanzáronse uns xa famosos 202 quilómetros á hora. As estacións de Meteogalicia nunca rexistraran un refacho tan intenso. 

E tamén destaca a chuvia caída. En Santa Comba seguía caendo logo do excepcional rexistro da xornada anterior. No oeste de Galicia choveu nun día a metade do que chove nun ano en Almería.

Mais o único aviso activo este venres foi o amarelo por chuvia no interior da provincia de Pontevedra. O encoro de Eiras, en Fornelos de Montes, descarga con forza. Vilas coma O Porriño ilustraban o día de auga constante na provincia. E en Ponte Caldelas, os ollos pendentes do río Verdugo, por se reborda. 

Os excesos de auga están a ter tamén efectos en certas actividades. Por exemplo, na pesca da lamprea. Contan no Ulla que cando hai riada a lamprea para, non sobre, e eles teñen que frear o traballo.

E, despois de todo, agora vén un aviso laranxa no mar en toda a costa galega, e amarelo por neve na montaña de Lugo e Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar