Jutglá, sorprendido polo que propón e pretende Claudio Giráldez
Jutglà: “Cando xurdiu a opción do Celta, non o pensei moito”
Aínda que hai case un mes que se comprometeu co Celta, este venres tivo lugar a presentación oficial de Ferrán Jutglà. Segundo o director de fútbol céltico, Marco Garcés.
“Un xogador que espertou grande interese, ilusionando a afección e que tiña o interese doutros moitos clubs. Versátil, que pode intercalarse nas tres posicións de ataque, con gol, dinámico, agresivo, vertical. Agradecerlle que nos elixira e desexarlle a maior das sortes”.
Jutglà explicou os motivos que o levaron a decantarse polo club vigués.
“Ao final é un proxecto que está a crecer moito, que xera moita ilusión á xente e xoga un fútbol atractivo. Polas miñas características de xogo, penso que podo encaixar moi ben. Cando xurdiu a opción, non o pensei moito".
O dianteiro busca a súa adaptación ao sistema de Claudio.
“Estou a tentar asimilar ao máximo, e o máis rápido posible, o que me pide o adestrador. Cousas moi específicas e que eu viña de facer outras moi distintas. O meu foco de atención está aí, en tentar entendelo canto antes. Aspectos tácticos, do modelo de xogo”.