Publicador de contidos
Publicador de contidos

Justin Robinson chega o Breogán a "facer o que faga falta"

Justin Robinson chega o Breogán a "facer o que faga falta"

O xogador estadounidense xa debutou no derbi do pasado sábado ante o Obradoiro

Robinson: "Podo anotar, pasar, defender, achegar enerxía ou mesmo ser o mellor no banco"

G24.gal 26/03/2024 15:22 Última actualización 26/03/2024 16:08

Justin Robinson foi presentado oficialmente este martes como novo xogador del Río Breogán ata o final da presente campaña. O base estadounidense, quen xa debutou no derbi do pasado sábado ante o Obradoiro, asegurou que chega ao equipo lucense a "facer o que faga falta" para axudar ao equipo para gañar nesta recta final da tempada onde o equipo lucense segue inmerso na loita pola permanencia.

Robinson asegura que sentiu "moi ben" desde que aterrou en Lugo procedente de liga australiana, na cal o seu equipo foi eliminado nas semifinais do torneo nacional.

"Tiven unha chamada do meu axente cando regresaba aos Estados Unidos e dixo que esta era unha grande oportunidade para min para desembarcar en Europa e coñecer a liga española", explicou o base de 1,85 metros de estatura.

"Podo anotar, pasar, defender, achegar enerxía ou mesmo ser o mellor no banco".

Justin Robinson foi compañeiro na universidade doutro exbreoganista, Justin Anderson, quen lle aconsellou sobre a súa fichaxe polo Río Breogan “polo grande ambiente que se vive na pista, pola afección e pola cidade”, matizou Robinson, quen espera axudar o equipo con "puntos, rebotes e defensa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos