Cargando resultados...
Justin Anderson meteu no papo a afección do Breogán en tres semanas
O aleiro está a amosar unha boa adaptación á cidade e ao club e contra o Hapoel xogou o seu mellor partido
G24.gal
23/11/2023 21:06
Justin Anderson tivo unha grande adaptación á estrutura do Breogán. Escoitamos por primeira vez este xogador con moitos anos de experiencia na NBA que está gozando en Lugo.
O club presentouno este xoves malia que hai case un mes que chegou ao Pazo para suplir a baixa por lesión de Toni Nakic. Ante do Hapoel Holon anotou 12 puntos e na ACB xa xogou tres partidos en que mediou máis de nove puntos.