Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junts trasládalle ao PSOE que votará a favor ou en contra, pero que non se absterá na investidura

Junts trasládalle ao PSOE que votará a favor ou en contra, pero que non se absterá na investidura

Desta maneira Sánchez só poderá gobernar se ten o si dos sete deputados independentistas

O presidente do Goberno en funcións admite implicitamente que están negociando a amnistía

G24.gal 05/10/2023 20:13 Última actualización 05/10/2023 20:21

Pedro Sánchez non pronuncia a palabra, pero admite que a amnistía está sobre a mesa.

"Sei que esa é a pregunta que se fai, incluso me din por que non se refire a ela directamente. Estamos negociando e cando teñamos unha posición concreta ao respecto, despois de reunirme con todos os grupos parlamentarios, fixaremos a posición do PSOE", di.

Junts insiste en poñer condicións. Carles Puigdemont desacreditou publicamente a Salvador Illa como interlocutor para a negociación. E a formación confirma que non contempla a abstención na votación da investidura.

Desactiva así a manobra de Coalición Canaria, que se presta a votar a favor de Sánchez para que saia presidente en segunda volta sen ter que depender dos votos dos de Puigdemont.

 "O señor Puigdemont non ten por que ser o director da España contemporánea. Coalición Canaria está en disposición de convertelo nun actor secundario. O voto afirmativo de Junts deixaría de ser relevante", di Fernando Clavijo, o presidente canario.

O Partido Popular ataca polos prazos da investidura.

Cuca Gamarra, di: "Esixímoslle á presidenta do Parlamento que fixe xa unha data. Non pode ser Armengol unha marioneta de Pedro Sánchez, e moito menos unha marioneta do prófugo Puigdemont".

Pero os socialistas non queren dar pasos en falso nin ir a unha investidura frustrada.

"Nós non queremos só un acordo de investidura, queremos un acordo que permita catro anos de gobernabilidade", di María Jesús Montero, do equipo negociador socialista.

Tanto o PSOE coma a Moncloa desmentiron a noticia do xornal La Información sobre unha reunión entre Puigdemont e dous ministros na embaixada de Colombia en Bruxelas. A propia embaixada colombiana tamén desmente que sexa certa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade