Publicador de contidos

Publicador de contidos

Feijóo di que non se pode gobernar sen vergoña e só con 'mordidas' e audios

Feijóo di que non se pode gobernar sen vergoña e só con 'mordidas' e audios

O líder do PP critica o presidente do Goberno por facer un mitin na Moncloa durante o  balance do curso político

G24.gal 28/07/2025 13:19 Última actualización 28/07/2025 14:50

O líder da oposición comparecía na sede do PP en Génova ante o seu novo comité executivo, á mesma hora en que Pedro Sánchez facía balance da súa xestión dende A Moncloa.

Para Núñez Feijóo, a lexislatura está agoniando pola corrupción que rodea o presidente e polas chantaxes dos socios de investidura. E por iso, o popular pídelles aos seus que se preparen para unha contenda electoral.

O líder dos populares aspira a chegar á Moncloa cos deberes xa feitos. Presentou un decálogo de medidas que quere poñer en marcha nos seus cen primeiros días e, despois das vacacións, en setembro, vai presentar un listado de leis, di, sanchistas, que pensa derrogar se acada o goberno.

Feijóo criticou ao presidente do Goberno Pedro Sánchez por facer un mitin 

O líder do PP Alberto Núñez Feijóo criticou ao presidente do Goberno Pedro Sánchez por facer un mitin no seu balance do curso político, que tivo lugar este luns en Moncloa, e advertiuno de que non se pode gobernar a base de mordidas e audios e sen ter vergoña.

"Hoxe en Moncloa o presidente máis débil, máis rodeado pola corrupción e que máis degradou as institucións e a imaxe internacional do noso país convocou un mitin para volver mentir aos cidadáns e dicir o ben que goberna".

Así resumía Feijóo, ao comezo da súa intervención no Comité Executivo do PP, a intervención do presidente do Goberno.

O Comite Executivo do PP reuníase este luns na sede de Génova. Na súa intervención, Feijóo ironizou con que Sánchez presuma de Goberno cando non ten maioría, nin palabra, nin orzamentos, nin vergoña, pois, segundo dixo, o único que ten o xefe do Executivo é corrupción, mordidas e audios.

Para Feijóo, a única expectativa que ten esta lexislatura é saber cal será o próximo escándalo ou engano do Goberno, pois van chegando un tras outro e, ao seu xuízo, sempre peor que o anterior.

Feijóo di que Sánchez terá unha oposición á súa medida

"Non se esquecerá nunca que foi Sánchez quen lle deu galóns e acceso ao diñeiro público a unha manda de desvergonzados dos que non se separou nin para alcanzar o poder nin para exercitalo".

Facía estas declaracións Feijóo en referencia aos implicados no coñecido como caso Koldo, como o exsecretario de Organización do PSOE Santos Cerdán ou o exministro José Luis Ábalos.

Diante dos membros do Comité Executivo Nacional, o líder do PP prometeu que o Goberno terá en fronte unha oposición á súa medida, pois non coa tentar que todos parezan iguais.

"Este Goberno non está en condicións de ser axudado polo primeiro partido de España, só pode ser vixiado no Parlamento e será derrotado nas urnas", avanzou.

Feijóo e Tellado no Comité Executivo Nacional do PP, este luns.Foto: EFE/ Mariscal
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade