Publicador de contidos

Publicador de contidos

Junts pide que o Congreso vote para esixir a Sánchez convocar eleccións

Junts pide que o Congreso vote para esixir a Sánchez convocar eleccións

O grupo parlamentario da dereita independentista catalá incluíu unha emenda a unha moción do PP que se votará este xoves

(EFE/JJ Guillén)
G24.gal 16/06/2026 12:40 Última actualización 16/06/2026 13:46

O grupo parlamentario de Junts quere forzar unha votación no Pleno do Congreso desta semana para esixir ao presidente Pedro Sánchez a disolución das Cortes e a convocatoria de eleccións xerais.

Así o incluíu nunha emenda que rexistrou este martes como engadido á moción que o PP someterá a votación sobre a debilidade parlamentaria do Goberno de coalición.

Para que se vote a proposta de Junts, o PP debe aceptar que se inclúa na súa moción, e engadiríase aos outros puntos que expuxo o Grupo Popular.

Segundo informaron fontes da formación de Carles Puigdemont, a emenda insta o xefe do Executivo para "propoñer a disolución da Cortes Xerais e convocar eleccións, de conformidade coa prerrogativa que lle confire a lexislación vixente, atendendo o carácter político, sen vinculación xurídica" da iniciativa.

Junts quere que este parágrafo se inclúa no texto da moción presentada polo PP, incluída na orde do día deste martes pero que podería debaterse o mércores ou o xoves, sobre a situación de "extrema debilidade" do Executivo.

Nada máis coñecerse o paso dado por Junts fontes de Xénova cualifícano como "importante" e sinalaron que se sae adiante a súa moción coa emenda incorporada, supoñería que a Cámara lle diría Sánchez que xa non conta coa confianza pola que foi investido.

Seguir sería facelo en contra do criterio do Congreso, sinalan estas fontes, que non confirmaron aínda se aceptarán a emenda de Junts.

O Goberno respeta a petición pero di que seguirá ata 2027

O Goberno expresou o seu "respecto" á petición de Junts, pero ratificou que non comparte ese requirimento e que seguirá traballando "coa mirada posta en 2027", cando debe terminar a lexislatura.

Con estas palabras comentou a ministra portavoz, Elma Saiz, a iniciativa presentada este martes pola formación de Carles Puigdemont.

"Todos os días demostramos a necesidade de seguir completando unha axenda política transformadora que protexe á cidadanía e que fai avanzar o noso país", remarcou para destacar que o seu proxecto "non soamente mira a 2027", senón que "transcende esta lexislatura".

O PP dá por feito que se votará unha cuestión de confianza de "facto" contra Sánchez

A portavoz do Partido Popular no Congreso, Ester Muñoz, afirmou este martes que esta semana a Cámara Baixa votará "de facto" unha cuestión de confianza ao Goberno de Pedro Sánchez, que o Executivo debería acatar por unha razón "moral".

Muñoz non aclarou se apoiarán a emenda á moción consecuencia de interpelación do PP que Junts rexistrou esta mañá e detallou que o PP non a coñecía cando presentou a súa propia e que o partido ten que falar cos de Carles Puigdemont antes de concretar se a aceptarán.

O que si está claro, insistiu, é que tanto se se acepta, coma se a moción vai coa emenda do PP, o que se vai ter que votar "de facto" é unha cuestión de confianza.

Rufián: Aguantar para nada é bobada

O portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, advertiu este martes ao Goberno de Pedro Sánchez que "aguantar para nada é parvada", e recalcou que "a xente merece unha esquerda que non dea vergoña".

Rufián respondeu así ao ser preguntado pola emenda presentada por Junts. O portavoz republicano sinalou aos xornalistas que o que ERC pregunta ao Executivo é para que quere aproveitar o tempo, se para aguantar e dicir que "os outros son peores" ou para cuestións como frear a especulación inmobiliaria ou ter unha fiscalidade máis xusta.

"Xa sabemos que os outros son peores, iso sabémolo, é de primeiro de esquerdas", recalcou, aínda que rexeitou que se opte por "aguantar e dar noxo" aos cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade