Publicador de contidos

Publicador de contidos

Julián Alvarez, baixa ante o Celta; Giuliano Simeone, dúbida

Julián Alvarez, baixa ante o Celta; Giuliano Simeone, dúbida

Simeone tamén ten as baixas ante o Celta -partido da 35ª xornada de Liga- tanto de Nico González como de Pablo Barrios

Foto Europa Press Foto Europa Press
G24.gal 07/05/2026 16:09 Última actualización 07/05/2026 16:12

Julián Alvarez, futbolista do Atlético de Madrid, será baixa no partido do próximo sábado contra o Celta, ao resentirse da escordadura de nocello no duelo do pasado mércores ante o Arsenal, mentres que Giuliano Simeone é dúbida para ese encontro, tras traballar á marxe este xoves.

Nin o dianteiro, que se exercitou no ximnasio, nin o extremo, cunha sesión específica, adestráronse co grupo na volta ao traballo do Atlético despois da eliminación do pasado martes nas semifinais da liga de Campións co Arsenal, cando Julián Alvarez forzou para xogar e resentiuse no tramo final ao recibir un golpe no nocello danado.

‘A Araña’ non xogará contra o Celta, nin previsiblemente despois, o martes que vén, fronte a Osasuna, dependendo da súa evolución do nocello, no que sufriu unha torcedura no encontro de ida contra o Arsenal no estadio Metropolitano.

Alén de Julián Alvarez, Simeone ten as baixas ante o Celta -partido da 35ª xornada de Liga- tanto de Nico González como de Pablo Barrios, que seguen coa súa recuperación de senllas lesións musculares, e está pendente do alcance da doenza que obrigou a retirarse do adestramento deste xoves a Johnny Cardoso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade