Publicador de contidos

Juan Tallón gaña o Premio xornalístico Puro Cora

Juan Tallón gaña o Premio xornalístico Puro Cora

O xurado destacou a calidade literaria dos artigos que o autor publica nos xornais 'El Progreso' de Lugo e 'Diario de Pontevedra'

EFE/ Eliseo Trigo
G24.gal 03/11/2021 20:52

Juan Tallón foi galardoado co premio de xornalismo Puro Cora. O escritor de Vilardevós recibiu o galardón de mans da presidenta e do director xeral do grupo El Progreso que edita os xornais 'Diario de Pontevedra' e 'El Progreso' de Lugo. 

O xurado destacou a calidade literaria dos artigos que o autor publica nos dous xornais.  Á entrega asistiron o presidente da Xunta, o do Parlamento, os voceiros parlamentarios e personaxes de todos os ámbitos da sociedade galega. 

O columnista galardoado recolleu a distinción ironizando sobre o bo que sería recibila cando tiña vinte anos e pensaba que o sabía todo da vida, e non agora, que considera os premios "un accidente" sen feridos graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar