Cargando resultados...
Juan Señor: "O que lles dixen é que empecen a crer neles mesmos"
Juan Señor: "O que lles dixen é que empecen a crer neles mesmos"
Señor non dirixiu directamente o adestramento desta mañá
G24.gal
28/02/2023 13:42
Última actualización 28/02/2023 13:48
Juan Señor xa dirixe o Pontevedra Club de Fútbol. O exfutbolista madrileño, que chegou na mañá deste luns, acudiu ao seu primeiro adestramento. Unha sesión breve, de media hora, en que estiveron presentes todos os xogadores do equipo, excepto o lesionado Samu Araújo.
Señor non dirixiu directamente o adestramento, senón que observou a sesión xunto a Roberto Feáns, Mariño e Juan Abal.
Despois compareceu ante os medios de comunicación:
"Se podo botar unha man, aí estarei. Isto levoume a este pequeno-xigante durmido e que hai que espertalo. Non pode ser".
"O que lles dixen é que empecen a crer neles mesmos dunha 'puñetera' vez".