Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Manuel Vieites: "Galicia non pode quedar fóra dos fondos europeos"

Juan Manuel Vieites: "Galicia non pode quedar fóra dos fondos europeos"

Pon o foco especialmente no sector do automóbil, ante o risco de que a fábrica de Stellantis de Vigo quede fóra deses fondos

G24.gal 24/05/2022 09:32

A Confederación de Empresarios de Galicia pide cambiar os requisitos para que ás empresas lles sexa máis fácil acceder ós fondos europeos de recuperación. E pon o foco especialmente no sector do automóbil, ante o risco de que a fábrica de Stellantis de Vigo quede fóra deses fondos.

O presidente dos empresarios galegos, Juan Manuel Vieites, di que cómpre reducir a burocracia e aumentar a coordinación coas comunidades autónomas.

"Galicia non pode quedar fóra. Desde a CEG solicitamos que a carga burocrática e despois unha serie de normativas reguladoras das propias axudas sexan revisadas: o limiar de intensidade en determinados casos, as condicións de xestión e execución que disuaden a concorrencia polo elevado custo burocrático e os criterios e requisitos esixibles para eses proxectos ós solicitantes, que limitan moito o acceso a condicións dos proxecto".

"Os fondos están aí e a carga burocrática ten que aliviarse. A presentación de proxectos ten que ser razoable e realista porque corremos o risco de que unha boa parte do tecido produtivo quede fóra deles".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar