Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Carlos Quer pide reformar o Código Penal para condenar encubridores familiares

Juan Carlos Quer pide reformar o Código Penal para condenar encubridores familiares

A Audiencia da Coruña acolle a última sesión do proceso contra José Enrique Abuín Gey, o Chicle, pola suposta agresión sexual á súa cuñada

G24.gal 24/11/2022 10:55

O pai de Diana Quer, Juan Carlos Quer, reclamou este xoves a reforma do Código Penal para poder condenar as persoas encubridoras que sexan familiares dos procesados, como é o caso da exmuller do asasino da súa filla.

A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña acolle a última sesión do proceso contra José Enrique Abuín Gey, alias o Chicle, por unha suposta agresión sexual o 17 de xaneiro de 2005 á súa cuñada, unha cuestión que el negou, mentres que a suposta vítima mantivo a súa versión na súa declaración.

Antes do inicio da sesión deste xoves, Juan Carlos Quer dicía ante os medios de comunicación que agardaba que o Chicle fose condenado, pero "desafortunadamente", explicou, "nin Diana, nin Vanessa nin Tania verán sentar no banco unha colaboradora necesaria para que todos estes delitos se puidesen levar a efecto, que é a actitude de encubrimento da exmuller deste suxeito. Sen o seu testemuño, aquí o "irmá, si te creo" literalmente non funcionou, foi causa definitiva para que se arquivase a causa que hoxe se está axuizando 17 anos despois", explicou.

"O encubrimento que deu esta señora ao seu marido cunha falsa coartada durante os 500 días que Diana permaneceu desaparecida foi causa definitiva para que este individuo quedase impune durante eses días e atentase contra a vida, afortunadamente salvouse, nese maleteiro, de Tania", engadiu.

"Non escoitei ningún lexislador dicir sobre a necesidade de modificar o artigo 454 do Código Penal, que exime de responsabilidade penal o parente, neste caso a muller, que encubra un delito de tanta gravidade e que tanta vítima e tanta dor creou", explicou o pai de Diana Quer.

Ademais desta petición, tamén dixo que é partidario de modificar a ocultación de cadáveres para evitar que esas condutas queden, na súa opinión, impunes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade