Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joseph Aidoo recoñece que esta temporada ten máis confianza

Joseph Aidoo recoñece que esta temporada ten máis confianza

O internacional con Ghana foi elixido pola afección como o mellor futbolista do seu equipo no mes de abril

O Celta informou que Mingueza "completou a sesión de adestramento co grupo e progresa na súa recuperación"

G24.gal 11/05/2023 14:07 Última actualización 11/05/2023 16:47

O central do Celta Joseph Aidoo foi elixido pola afección como o mellor futbolista do seu equipo no mes de abril. O internacional con Ghana agradeceu este trofeo ao celtismo e dixo estar "moi contento", xa que o considera "moi importante".

"Esta tempada teño máis confianza, os meus compañeiros axúdanme a ser mellor".

Lembrou tamén que esa confianza se notou cara á portería -leva tres goles-, pois o primeiro ano tivo "mala sorte e deulle ao pau varias veces".

Ao longo do mes de abril, Aidoo participou nos cinco partidos que disputou o Celta -a vitoria ante o Elxe, os empates ante Sevilla e Almería e as derrotas fronte a Mallorca e Vilarreal-, sempre como titular e completando os 90 minutos.

Por outra banda, o Celta informou que Mingueza "completou a sesión de adestramento co grupo e progresa na súa recuperación"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade