Publicador de contidos
Publicador de contidos

Josep Señé, baixa por problemas musculares

Josep Señé, baixa por problemas musculares

Erick Cabaco entra na fase final da súa recuperación

G24.gal 22/10/2024 17:40 Última actualización 22/10/2024 17:43

A resonancia magnética á que foi sometido Josep Señé esta mañá revela a existencia dunha pequena lesión muscular no bíceps femoral da súa perna dereita que lle impedirá traballar co resto dos seus compañeiros nos próximos días.

O futbolista someterase a traballo de fisioterapia e readaptación previos á súa reincorporación ao grupo. O resto de xogadores da formación racinguista que están de baixa -Brais Martínez, Luis Perea e Erick Cabaco- evolucionan moi favorablemente das súas doenzas.

De feito, Erick Cabaco, que a finais de agosto sufriu unha rotura fibrilar no recto femoral da perna dereita, someteuse a pasada semana a probas de control que corroboraron que está practicamente recuperado, polo que intensificou o traballo de readaptación para reincorporarse proximamente ao grupo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade