Joselu, único galego convocado para os partidos ante Escocia e Noruega
Sorprende a ausencia de Brais Méndez malia o seu gran estado de forma
A primeira convocatoria de Oihan Sancet, centrocampista do Athletic Club, é a gran novidade na lista do seleccionador español Luis de la Fuente para os encontros ante Escocia e Noruega da fase de clasificación da Eurocopa 2024, para os que regresan Jesús Navas, Fran García e Mikel Oyarzabal.
Joselu é o único galego convocado. Sorprende a ausencia de Brais Méndez malia o seu gran estado de forma.
É a primeira lista de convocados continuista desde que Luis de la Fuente chegou ao cargo do seleccionador. Soamente unha cara nova, a de Sancet, xunto ao regreso da experiencia con Navas e Oyarzabal, máis a aposta por Fran García. Ademais mantéñense na convocatoria os dianteiros Ferran Torres e Yeremy Pino, que xa substituíron ante Chipre a Marco Asensio e Dani Olmo, lesionados durante o encontro ante Xeorxia
As ausencias da convocatoria respecto a a pasada son César Azpilicueta e José Luis Gayá en defensa, Álex Baena no centro do campo e o lesionados Marco Asensio e Dani Olmo.
A selección española medirase a Escocia o vindeiro xoves 12 de outubro na Cartuxa de Sevilla e tres días despois, o 15, visitará en Oslo a Noruega en dous partidos transcendentais para o seu acceso directo á Eurocopa 2024.
🔴 OFICIAL | Lista de convocados para los partidos de octubre contra Escocia en Sevilla y frente a Noruega en Oslo.
— Selección Española Masculina de Fútbol (@SEFutbol) October 6, 2023
➡️ Estos son los 24 futbolistas que disputarán estos encuentros de la fase de grupos de la clasificación para la Eurocopa 2024.
🔗 https://t.co/YDHDqfrHuh… pic.twitter.com/tmn8lV43iw