Publicador de contidos
Publicador de contidos

Joselu pasa polo quirófano e perde o que queda de temporada

Joselu pasa polo quirófano e perde o que queda de temporada

O dianteiro, cedido polo Tenerife, decidiu operar o menisco e estará apartado dos campos entre catro e seis meses

G24.gal 06/04/2022 22:16

Malas noticias para os do Anxo Carro: Joselu perderá o que queda de temporada, seguro, e quizais tamén algún dos primeiros partidos da vindeira.

O dianteiro do Lugo, cedido polo Tenerife, ten entre catro e seis meses de recuperación. O dianteiro pasou polo quirófano hoxe para reconstruír o menisco e reforzar o cruzado anterior do xeonllo. A operación foi un éxito, pero agora ao de Cartaya quédalle a recuperación.

Joselu comezou participando dun xeito habitual ata o mes de novembro. Desde aquela sofre un calvario por culpa do seu xeonllo. Só puido participar nun partido de liga nos últimos cinco meses.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade