Joselu: "Hoxe levo dobre ledicia. Gusta entrar na historia do Rácing"
O bigoleador nas Gaunas iguala a Pablo Rey como máximo anotador histórico do conxunto departamental

Xa é unha lenda do racinguismo. Con 109 goles coa camisola verde, Joselu Gómez entrou esta tarde nas Gaunas no Olimpo do racinguismo. E con dous tantos que lle serven ao equipo ferrolán para afianzarse en postos de playoff de ascenso. O gran protagonista do encontro falou coa Radio Galega.
"Non me quitaba o sono, pero contento por formar parte deste club tantos anos e axudar con traballo e con goles. Hoxe doble alegría porque era un partido moi importante para nós e xogamos un dos mellores encontros da temporada. Estou tranquilo. Gusta estar aí, xa o dixen cando superei a Pazolo. Non era un obxectivo persoal, pero quere dicir que tras tantos anos aquí e contar con tódolos adestradores, é importante"
En canto á dinámica positiva do Rácing de Ferrol, o dianteiro de Palmeira amosase satisfeito pero quere ser cauto de aquí a final de temporada.
"O equipo está ben, xogue quen xogue todos dan o mellor de si mesmo. Temos marxe de mellora. Nesta liga é importante poñerse por diante, coa clase de xogadores que temos. Isto debe darnos forza. Quedan dez partidos e hai que ter tranquilidade e traballar no seguinte partido. No único que pensamos é na forma. Cando gañas 3 partidos estás en playoff e cando non o fas, eres moi malo"