Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joselu falla un penalti e marca en propia porta para o triunfo do Lugo

Joselu falla un penalti e marca en propia porta para o triunfo do Lugo

Última proba do único representante galego da Segunda División antes do campionato ligueiro

G24.gal 06/08/2022 20:29

Ribadeo acollleu un Lugo-Rácing que foi medrando cos minutos. O mellor chegou na segunda parte xa que na primeira só se poden destacar un remate forzado de Sebas Moyano para os lucenses e unha perigosa chegada de Héber que atopou o corpo de Alberto Rodríguez.

O propio Héber forzou un penalti no que Joselu se atopou cunha brillante intervención de Óscar Whalley. O porteiro foi decisivo rexeitando un disparo de Manu Justo. 

Hernán Pérez colocou sobre o 11 o equipo que podería ser titular na estrea liguera, con Baena, Moyano e Barreiro na zona atacante. Porén, desde o banco Cuéllar e Idrissa melloraron a ofensiva lucense. Unha boa xogada individual de Cuéllar  foi o anticipo do afortunado gol do Lugo. Na súa tentativa de despexe logo dun córner, Joselu fai o máis difícil que é colocar o balón na súa propia portería.

Foi o gol que desequilibrou o trofeo Encontros no Camiño, un camiño que para o representante galego da segunda división comezará xa de xeito oficiial o vindeiro día 15.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade