Cargando resultados...
Joselu e Pablo Rey, as dúas lendas goleadoras do Rácing
Logo do dobrete do de Palmeira desta xornada, os dous xogadores están igualados con 109 tantos como máximos realizadores históricos do cadro departamental
G24.gal
24/03/2022 21:48
Esta é a aperta do gol. En Ferrol, non diga gol, diga Joselu ou Pablo Rey. Cento nove goles cadanseu convértenos en dúas lendas do racinguismo. Toda unha honra para o último en acadalo, o de Palmeira.
Joselu aínda pode subir notablemente a cifra, pero ten claro que a prioridade é o ascenso. O Rácing postula a súa candidatua coa mellor serie do ano: oito partidos invicto.