Cargando resultados...
Joselu "Con Héber é doado entenderse"
O dianteiro de Palmeira e o extremo foron os goleadores racinguistas

G24.gal
09/04/2022 22:13
Joselu leva tres xornadas marcando e segue aumentando a súa cifra histórica de tantos no conxunto da Malata. O atacante atendeu á Radio Galega á saída do conxunto departamental do Reino de León.
"Se hai que dicir que vou quedar con estos goles, haberá que dicilo. Cando os goles axudan a gañar estou moi contento. Temos marxe de mellora e hai que seguir. Eles foron mellores ao comezo. Entraron mellor pero estamos nunha boa liña, temos máis rexistros, xeramos máis ocasións. Con Héber é doado entenderse. Se vale para que o equipo gañe puntos a ledicia é maior"