Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Vilda prescinde de Tere Abelleira para a Eurocopa

Jorge Vilda prescinde de Tere Abelleira para a Eurocopa

A galega foi unha das descartadas do adestrador, que deu a lista das 23 elixidas

G24.gal 27/06/2022 22:30

A pontevedresa Tere Abelleira foi un dos descartes que fixo o seleccionador Jorge Vilda na lista da Eurocopa de Inglaterra. Vilda prescindiu de cinco xogadoras que estiveron na concentración en Madrid para conformar a lista de 23.

O técnico sorprendeu ao incluír na lista a Salma, do Vilarreal, que aínda non debutou coa absoluta. Se hai baixas por lesión ou enfermidade podería ir finalmente algunha das descartadas. A selección debuta contra Finlandia o 8 de xullo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade