Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia manda no motocrós mundial

Galicia manda no motocrós mundial

Rubén Fernández gaña a segunda manga e o GP da Arxentina

Jorge Prado levou a "pole", a primeira manga e sae como o primeiro líder do Mundial

G24.gal 12/03/2023 17:42 Última actualización 12/03/2023 21:02

Galicia demostrou a súa fortaleza con dous pilotos de primeiro nivel como Rubén Fernández e Jorge Prado. Rubén gañou a segunda manga e fíxose co Gran Premio da Arxentina. Prado impúxose na clasificatoria, gañou a primeira manga e sae coa chapa vermella que o acredita como líder do Mundial.

Jorge Prado gañou na primeira manga cunha gran superioridade. Só o outro galego, Rubén Fernández, o puxo en problemas durante as primeiras voltas. Prado colleu o mando cando se levaban cinco minutos de carreira e xa non o soltou. 

Fernández tiña o segundo posto no peto pero unha caída levouno á quinta praza. Febvre, Renaux e Herlings aproveitáronse do erro para superalo e colocarse xusto por detrás do lucense. 

Tiña unha espiña desa primeira manga e Rubén Fernández quitouna na segunda. Volveu a liderar desde o principio pero, desta volta, sen ningún erro. Pilotaxe perfecta que o levaron a lograr a vitoria. Por detrás de el o poderoso Herlings. O único que lle podía quitar o primeiro posto no Gran Premio era Prado pero non puido pasar do sexto posto. 

Malia todo Prado aproveitouse da novidade desta temporada na que puntúa a clasificatoria para a xeral. O triunfo na xornada do sábado do galego dálle a chapa vermella e afrontará a segunda proba no máis alto da clasificación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar