Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado eleva aos altares o motocrós galego

Jorge Prado eleva aos altares o motocrós galego

Con 22 anos proclámase campión do mundo da categoría raíña e suma o terceiro título mundial

G24.gal 18/09/2023 11:26

O número un. Un brillante número 1 dourado exhibía a GasGas de Jorge Prado ao inicio da segunda manga. Todo un campión do mundo. Todo o soño dunha vida, culminado na localidade italiana de Maggiora. Un 17 de setembro que pasará á historía.

Era factible que o título chegase nesta cita, a penúltima da temporada. Pero nonnque o fixese na primeira manga. Para que sucedese tivo que pasar iso.  Romain Febvre caeu e posteriormente viu como a súa moto dicía basta. 0 puntos e título matemático para un Jorge Prado quie festexaba con euforia o éxito cos seus.

Cos tranquiliade do título asegurado, na segunda manga Prado e o seu máximo rival, Febvre, ofreceron un espectáculo de motocross do máis alto nivel. Neste caso o triunfo foi para o francés e  incluso Prado quedou seu a vitoria no Grande Premio logo dunha inoportuna caída case nos últimos instantes.

Permitiu a vitoria de Seewer e tamén o cuarto podio na temporada para Rubén Fernández. O vigués estivo brillante, pelexando moi preto dos mellores, de demostrou esar xa recuperado dos seus probemas físicos. A páxina máis brillante donoso motocrós está escrita. Agora a gozalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos