Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Arxentina asiste ao primeiro duelo directo entre Jorge Prado e Rubén Fernández

A Arxentina asiste ao primeiro duelo directo entre Jorge Prado e Rubén Fernández

Fernández foi o 3º na segunda manga, xusto por diante de Prado, e acadou a súa mellor clasificación

Gajser e Renaux dominaron a proba por diante de Jorge Prado, o terceiro no Gran Premio

G24.gal 20/03/2022 17:56

Gran duelo o que vimos entre Jorge Prado e Rubén Fernández na segunda manga do Grande Premio da Arxentina. Na segunda manga duelo de ti a ti entre os dous pilotos galegos que se decidiu a prol do vigués. Fernández acadou un terceiro posto, a súa mellor clasificación ata o de agora na elite do motocrós. 

Na Patagonia os dominadores foron Tim Gajser e Maxime Renaux. O francés impúxose na primeira proba con Gajser á súa roda. O esloveno gañou a segunda, cunha marxe máis ampla sobre Renaux. Prado estivo moi regular toda a xornada. Foi o cuarto na primeira e na segunda manga e conseguiu subir ao podio, pero non estivo á altura que agardaba. 

Rubén Fernández fallou na primeira manga, en que sufriu unha caída cando pelexaba polo primeiro posto. Na segunda foi remontando e acabou con ese gran duelo con Prado. No global do Gran  Premio acabou na sétima posición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos