Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Cuesta: "É a maior oportunidade que tiven na miña carreira como adestrador"

Jorge Cuesta: "É a maior oportunidade que tiven na miña carreira como adestrador"

O técnico vigués é o elixido para substituír a Jesús Arribas

Será a súa primeira experiencia na Primeira RFEF

G24.gal 18/11/2025 13:35 Última actualización 18/11/2025 13:46

O Arenteiro xa ten novo adestrador. Jorge Cuesta será o encargado de tentar sacar o equipo do Carballiño da súa complicada situación clasificatoria. Despois da derrota deste pasado fin de semana o equipo verde é o último clasificado pero soamente está a tres puntos dos postos de salvación. A súa estrea será no Espiñedo o próximo sábado no derbi provincial ante o Ourense C. F.

"É a maior oportunidade que tiven na miña carreira como adestrador"

Cuesta chega despois de facer dúas temporadas brillantes no fútbol galego. Primeiro na Sarriana, na 3RFEF, e logo no Bergantiños, onde a temporada pasada acadou a permanencia con tranquilidade na 2RFEF. O técnico formouse nas categorías inferiores do Celta e tamén tivo un paso polo fútbol chinés. No comunicado oficial o Arenteiro destaca a súa aposta polo talento galego:

"Con esta incorporación o club aposta por un técnico meticuloso, esixente e cun coñecemento profundo do fútbol galego e nacional, preparado para liderar o proxecto verde nesta nova etapa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar