Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jonatan Giráldez desvela o seu destino como técnico: o Washington Spirit

Jonatan Giráldez desvela o seu destino como técnico: o Washington Spirit

O vigués rematará esta temporada á fronte do Barcelona feminino para dirixir un dos mellores equipos da liga dos Estados Unidos

G24.gal 09/01/2024 21:41

Anunciara a marcha ao final da temporada hai unhas semanas e todo apuntaba a que o seu destino sería a prestixiosa NWSL, a liga dos Estados Unidos. Moitos non entendían como podía deixar o Barcelona, posiblemente o mellor equipo do mundo na categoría feminina, que volverá gañar a Liga e ten a ilusión de facerse coa segunda Champions consecutiva. 

Pero o vigués Giráldez Costas ten claro que rematou un ciclo en can Barça e que dar o salto fará que medre o seu nivel como técnico. Nos Estados Unidos a competición ten un nivel moi alto e asina polo Washington Spirit, o equipo que gañou a liga en 2021 e que conta cunha gran remesa de internacionais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade