Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jonatan Giráldez: "A nosa responsabilidade é facer que o público se enganche ao fútbol feminino."

Jonatan Giráldez: "A nosa responsabilidade é facer que o público se enganche ao fútbol feminino."

O adestrador do Barça feminino descansa en Vigo tras conquistar Liga, Copa e Supercopa no ano do seu debut

Cre que a defensa galega Nuria Rábano ten moito percorrido por diante e celebra a súa incorporación ao club

G24.gal 05/07/2022 20:38 Última actualización 05/07/2022 21:13

Jonatan Giráldez desfruta na casa, en Vigo, duns días de merecido descanso. Acaba de renovar co Barcelona ata 2024. O club aposta por darlle continuidade ao técnico quen, no ano do seu debut, conquistou Liga, Copa e Supercopa. Os números do equipo femininino son impresionantes. 

"Analizas a temporada e gañamos 45 de 47 partidos. Perdemos a volta e a final da Champions. Non foi a temporada perfecta, pero faltou pouco", explica o adestrador do Barça feminino. 

O Barcelona feminino está en proceso de reconstrución. Nuria Rábano é unha das novidades da temporada

Só a Liga de Campións se lles resistiu esta temporada. Aínda así, o Barça domina con man de ferro a competición e este ano renóvase con ansias de mellora. Entre as incorporacións, unha galega. Nuria Rábano. 

"É difícil atopar xogadoras dese perfil no seu posicionamento. Creo que Nuria ten moitísimo percorrido. Ten 22 anos e moita capacidade para seguir mellorando", di o técnico sobre a defensa. E engade, "ela está moi contenta, e nós tamén, de que unha galega poida axudar a un transatlántico como é o Barça."

Giráldez celebra a proxección do fútbol feminino: "Queremos que a xente se enganche"

O técnico, que non se pecha a ningún proxecto no futuro, celebra que o fútbol feminino encha estadios e lembra con emoción os récords de asistencia rexistrados na Liga de Campións. 

"Batemos dúas marcas porque a xente que foi ao primeiro partido quedou con ganas de repetir. Esa é a maior responsabilidade que temos. Que a xente vaia ao campo, que se enganche", asegura. 

Jonatan Giráldez anima os clubs aínda reticentes a crear equipos femininos para que cada vez máis nenas queiran xogar ao fútbol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar