Jon García "Asino perder un de cada dez partidos"
O central vasco resta importancia á primeira derrota da temporada
Nada máis rematar o encontro do Fernando Torres, un dos puntais na zaga racinguista atendeu a chamada do Galicia en goles para conversar sobre o tropezo do equipo departamental ante o Fuenlabrada. Foi unha derrota que deixa dor pero que non troca o horizonte e obxectivos do cadro racinguista.
"Mellor perder así que doutra maneira. Fixemos un bo traballo. Queriamos gañar pero sabiamos que sería un partido así, con paradas. Tiveron media ocasión e meteron o gol. Tivemos oportunidades, non entraron, pero hai que seguir coa cabeza arriba porque estamos rendendo ben. Asino perder un de cada dez partidos. Non está tan mal. Imos por bo camiño a pesar da derrota. Non nos ten que frear".