Joaquín Silva resume o mundo dos dinosauros en máis de 1.000 selos
A colección reúne o 80 % dos selos do mundo da temática
Visitamos unha curiosa mostra de selos que se pode ver estes días no edificio de Correos de Ourense. Os extinguidos dinosauros son os protagonistas da colección dun afeccionado á filatelia, con estampas únicas destes animais que se expoñen por primeira vez ao público.
Máis dun milleiro de selos emitidos en diferentes series en países como as Maldivas, Guinea Ecuatorial, O Salvador, A Arxentina ou nas illas caribeñas. O filatélito Joaquín Silva estivo tres décadas buscando nas filatelias de toda España selos de dinosauros.
A afección comezou cando descubriu as cartas que se enviaban os seus pais na época da mili. E Joaquín segue coleccionado, agora cartas da primeira guerra mundial.
A mostra o mundo dos dinosauros poderase ver ata o vindeiro 20 de novembro no edifico de Correos en Ourense.