Jesús Ruiz e as contas da salvación: "O resto de equipos van picar"
O Rácing logra máis puntos a domicilio que na casa e a vindeira xornada xogará diante do Mirandés
O Rácing lambe as feridas despois da dura derrota na Malata ante o Cartaxena. O equipo volve estar a oito puntos da salvación, pero cun partido menos, ante o Burgos. A próxima saída será este venres. Xogará en Miranda ante un equipo que é a revelación da temporada. O Mirandés é cuarto con 45 puntos, a só tres do liderado.
O porteiro do Rácing, Jesús Ruiz, está a ser dos destacados da temporada con 10 porterías a cero e sendo o cuarto porteiro con máis paradas da liga.
"Están en estado de graza. Son xente nova que non especula, teñen fame. Os números indican que compiten moi ben. Teñen debilidades"
O Rácing logra máis puntos a domicilio que na casa. Na Malata logrou 9 puntos por trece cando xogou como visitante. Ruíz opina que a salvación está na man do Rácing e considera que hai que centrarse no traballo propio porque "o resto de equipos van picar".