Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jesús Bernal, primeiro xogador en confirmar a súa saída do Rácing de Ferrol

Jesús Bernal, primeiro xogador en confirmar a súa saída do Rácing de Ferrol

O equipo despediu este martes a tempada cunha comida de confraternidade

G24.gal 04/06/2024 17:09 Última actualización 04/06/2024 17:14

O futbolista Jesús Bernal anunciou este martes que non continuará a próxima tempada no Rácing de Ferrol, no que militou as dúas últimas campañas, converténdose no primeiro xogador que confirma a súa saída do plantel dirixido por Cristóbal Parralo.

Dous días despois do último partido ligueiro, o aragonés afirmou en redes sociais que é "difícil atopar as palabras despois destas dúas tempadas de ilusión" e deu as "grazas a toda a familia ferrolá por acollerme na vosa casa, o voso fogar á beira do mar".

"Desde o primeiro día, sentinme un ferrolán máis", apuntou o centrocampista, que subliñou que no vestiario verde "todos soñabamos co ascenso e conseguiuse".

Bernal valorou que o "apoio incondicional" de "directiva, corpo técnico, persoal do club" e "cada un dos compañeiros" converteu en "realidade" ese obxectivo de regresa a Segunda División.

"O fin dun soño moi desexado e o principio dun novo reto; equipo, afección, cidade, todos xuntos seguimos vendo crecer o proxecto", expresou o futbolista.

 

O equipo despediu este martes a tempada cunha comida de confraternidade nun restaurante da cidade, celebrada minutos despois de que o presidente, Manuel Ansede, confirmase xunto ao director xeneral do club, Carlos Mouriz, e o adestrador, Cristóbal Parralo, a renovación do técnico por unha tempada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos