Jéssica Bouzas é por primeira vez a mellor tenista española na WTA
A derrota de Paula Badosa faille retroceder un gran número de postos deixando a arousá como mellor tenista
Isto prodúcese a pesar da súa derrota en primeira rolda do Open de Australia
A tenista arousá aparecerá na próxima actualización do ranking mundial da WTA como primeira raqueta española. Será a primeira vez que isto pase na súa carreira, e prodúcese a pesar da súa derrota en primeira rolda do Open de Australia que lle fará ceder un par de postos na clasificación (virtulamente é a número 42 do ranking). Isto pasa pola caída en Australia este xoves de Paula Badosa, número uno española ata a data, e que defendía no primeiro grand slam do ano as semifinais alcanzadas hai un ano.
"É un orgullo e unha mágoa o de Paula, veríao positivo se fose por mellorar eu".
Badosa perdeu o seu encontro de segunda rolda Oksana Selekhmeteva e verá restados 710 puntos. Esta situación provocará que baixe ata o posto 64 das listas cando iniciara o torneo no 26.
Desta forma Jéssica Bouzas, a falta de que conclúa o Open de Australia e de resultados que poderían variar lixeiramente o ranking, figura de maneira virtual no posto 42 e Cristina Bucsa pasa a ser a segunda mellor española no posto 57.