Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas, eliminada por Vekic na primeira rolda do US Open

Jessica Bouzas, eliminada por Vekic na primeira rolda do US Open

A galega gañou o primeiro set pero acabou caendo por 3-6, 7-5, 6-3

G24.gal 27/08/2025 06:45

A galega Jessica Bouzas quedou eliminada na primeira rolda do Aberto dos Estados Unidos diante da croata Donna Vekic, que conseguiu remontar o set inicial. Vekic gañou por 3-6, 7-5, 6-3 en algo máis de dúas horas. 

Bouzas levou con autoridade o primeiro set con dous "breaks" a unha rival que precisou de atención médica. No segundo set a vilagarciá conseguiu poñerse con 2-4 pero a croata reaccionou con tres xogos seguidos para poñerse cun 5-4 e servizo. Bouzas igualou pero volveu a ceder o seu saque no seguinte xogo e acabou perdendo o set por 7-5. 

No terceiro set caeu a fiabilidade de Jessica Bouzas co seu saque. Perdeuno ata en tres ocasións e acabou caendo por 6-3. A galega chegaba ao US Open no mellor momento da súa carreira despois de pisar a cuarta rolda no último grande -Wimbledon- e os cuartos de final dun Másters 1000 -Canadá- pero, desta volta, non conseguiu superar a primeira eliminatoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos