Cargando resultados...
Dous partidos seguidos en Balaídos para subir o nivel do Celta
O equipo vigués afronta diante do Betis o encontro adiantado da xornada 6 (mércores, ás 21:00 horas)
G24.gal
26/08/2025 21:06
A inquietude vai estar ata que peche o mercado o próximo luns. Antes o Celta ten dúas xornadas de Liga na casa, Betis e Vilarreal para subir o nivel. A temporada pasada foron dúas vitorias nesta secuencia de partidos. Contra o Betis, rival desde mércores (21:00, Balaídos) cunha remonta espectacular, das que impoñen respecto. Giráldez anuncia máis minutos para Borja Iglesias e Bryan Zaragoza. Ás rotacións habituais de Claudio súmase que hai partido entre semana. Pode ser un ensaio para as vindeiras xornadas europeas.