Publicador de contidos

Publicador de contidos

O curtense Lucas Vázquez inicia unha nova aventura no Leverkusen

O curtense Lucas Vázquez inicia unha nova aventura no Leverkusen

Despois de dez anos e máis de catrocentos partidos no Real Madrid xogará no ex equipo de Xabi Alonso

G24.gal 26/08/2025 20:32

Tras dez temporadas no Real Madrid e 23 títulos gañados, o futbolista de Curtis Lucas Vázquez emprende a súa primeira aventura na Bundesliga. Lucas aterra no equipo que dirixiu Xabi Alonso ata a pasada temporada. O ex do Real Madrid asina por dous cursos, ata xuño de 2027.

Lucas é o xogador galego con máis títulos da historia. Na súa etapa co Real Madrid participou en cinco Ligas de Campións, cinco Mundiais de Clubs, catro Ligas, catro Supercopas de Europa e de España e unha Copa do Rei. Sen dúbida, unha etapa brillante á que puxo final con 34 anos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade