Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jéssica Bouzas, a un paso do cadro final do Open de Australia

Jéssica Bouzas, a un paso do cadro final do Open de Australia

A tenista vilagarciá superou a Ellen Pérez (6-3, 6-2) e medirase no partido decisivo á checa Fruhvirtova

G24.gal 11/01/2023 14:19 Última actualización 11/01/2023 14:26

Jéssica Bouzas (183 da WTA), venceu á xogadora local Ellen Pérez (a 362 do mundo) por 6-3 6-2 grazas ao seu bo nivel no resto, onde gañou seis dos nove xogos cando sacaba a australiana. Se quere estar na rolda principal, deberá sorprender á rapaza checa de 15 anos Brenda Fruhvirtova, unha das promesas do tenis europeo e que á súa curta idade xa é a 135 da clasificación.

Con 20 anos, Jéssica está facendo historia. Xa é segunda tenista galega en disputar un Grand Slam desde que a pontevedresa Lourdes Domínguez xogará en Wimbledon en 2014.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos