Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jenni Hermoso, convocada para os partidos ante Italia e Suíza

Jenni Hermoso, convocada para os partidos ante Italia e Suíza

A galega Tere Abelleira segue consolidada na selección

A selección enfrontarase o vindeiro venres día 27 a Italia, en Pasarón

G24.gal 18/10/2023 16:17 Última actualización 18/10/2023 17:25

A seleccionadora do equipo feminino, Montse Tomé, ofreceu este mércores a lista de convocadas para os próximos encontros de España na liga da Nacións e incluíu nela á dianteira Jenni Hermoso. A madrileña, xogadora do Pachuca mexicano, volve así á selección tras tranquilizarse as augas no seo da Federación Española de Fútbol (RFEF).

 

Montse Tomé: "Si que falamos con ela"

"A outra vez non había ningún problema con ela. Pensamos que o mellor para ela era que non viñese. Foi unha decisión deportiva, nós temos toda a información"

A lista de 23 a complétaa unha nómina de xogadoras entre as que están moitas mundialistas, entre elas as líderes da selección Alexia Putellas e Aitana Bonmatí, a capitá Irene Paredes ou as xa incorporadas na última lista de Tomé, como Amaiur Sarriegi, Lucía García, Laia Aleixandri ou Inma Gabarro. A galega Tere Abelleira segue tendo praza fixa no equipo de Tomé.

A selección enfrontarase o vindeiro venres día 27 a Italia, en Salerno, ás 17:45. E o martes 31, a Suíza, en Zúric.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade