Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier Santacruz: "Os prezos dos carburantes seguirán sendo altos ou moi altos a curto prazo"

Javier Santacruz: "Os prezos dos carburantes seguirán sendo altos ou moi altos a curto prazo"

O economista especializado en mercados enerxéticos Javier Santacruz recoméndalles aos consumidores e ás industrias que están no mercado regulado da electricidade que fagan contratos privados coa empresas eléctricas a prezo fixado  

Non prevé que haxa desabastecemento de gasóleo a curto ou medio prazo

 

G24.gal 28/03/2022 11:14

O economista Javier Santacruz non prevé unha próxima baixada do prezo dos carburantes. Unha das razóns é que países como España e Portugal son moi dependentes dos procesos de refinado de combustibles, o que encarece a adquisición de derivados do petróleo. Segundo Santacruz, para acabar coa folga do trasporte, o goberno debe poñer enriba da mesa dúas medidas: rebaixar os impostos e aumentar as reservas estratéxicas de combustible.

"A curto prazo, os prezos dos carburantes seguirán sendo altos ou moi altos. Hai que confiar en que se vaia estabilizando o mercado internacional do petróleo. Os principais produtores están incrementando a súa produción e por aí pode haber certa estabilidade. Pero o problema témolo no mercado doméstico, onde a crise nos colleu con poucas reservas e con falta de planificación estratéxica e isto conduce a que os prezos continúen altos".

Malia que os prezos non se van moderar a curto prazo, Santacruz non cre que haxa problemas de desabastecemento de gasóleo.

"Non creo que cheguemos a un punto no que haxa escaseza. Vamos ter problemas desde o punto de vista loxístico, pero non é realista neste momento pensar que vaiamos ver medidas de recorte da oferta".

Con respecto ao prezo da electricidade, o economista Javier Santacruz considera que a baixada da factura eléctrica ten que apoiarse en dúas medidas: por unha parte, en introducir de maneira acelerada toda a produción procedente de fontes renovables que neste momento non se está integrando dentro do sistema e aprovisionando a enerxía de xeito máis eficiente.

Na situación actual, Santacruz recoméndalles aos consumidores e ás empresas que se queren rebaixar o gasto en electricidade contraten no mercado libre a prezos fixados.

"No caso dos contratos fixos, é probable que se produza unha baixada equivalente á que xa vimos durante os meses de setembro e outubro. No caso dos contratos ligados ás horas do día, como no caso dos consumidores máis vulnerables, vaise notar menos. O Goberno faría moi ben neste momento en fomentar un cambio masivo de contratos do mercado regulado a contratos con prezo fixado. E isto tamén inclúe a industria".

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade