Publicador de contidos
Publicador de contidos

Javier Santacruz: "Os negocios estratéxicos de Naturgy deben quedar en mans de investidores españois"

Javier Santacruz: "Os negocios estratéxicos de Naturgy deben quedar en mans de investidores españois"

O economista cre que o grupo Criteria Caixa será clave na negociación 

Descarta a entrada do Goberno no accionariado da compañía enerxética española

G24.gal 18/04/2024 11:02

O economista e experto en mercados enerxéticos, Javier Santacruz, analizou no Galicia por diante a posible entrada en Naturgy de Taqa, un grupo de Emiratos Árabes. Entende o interese do grupo emiratí pola compañía enerxética que é a primeira do mercado gasista, a terceira eléctrica de España e con implantación en América Latina. 

Explica que Naturgy ten "infraestruturas estratéxicas" coma unha  rede de distribución de gas, que representa o 70 % do total de España, e un 24,5 % do gasoduto con Arxelia. 

"É fundamental separar os negocios que son estratéxicos e que queden en mans de investidores españois. O resto é algo que pode competir libremente e quedar en mans doutras empresas sen ningún tipo de prexuízo para os consumidores", apunta. 

Destaca que o grupo Criteria, de La Caixa, principal accionista, ten agora "a tixola polo mango" e "é unha parte substancial de esta negociación e tamén para facer de muro de contención das intencións que puidese ter, que xa veremos ata onde, do goberno de facer algo parecido ao que pasou co Telefónica". 

Santacruz descarta unha entrada do Goberno en Naturgy e explica: "Véxoo pouco probable, aínda que nos últimos catro anos vimos que o improbable pode acontecer. O que vexo é que o investimento do Estado nunha compañía, que ademais compite no mercado con outros actores e competidores, pode ter unha distorsión relevante da competencia e que a situación non mellore, senón empeore. Sería como último recurso se fose necesario pero non o creo". 

O economista calcula que Taqa debería desembolsar uns dez mil millóns de euros pola compra das accións dos dous fondos estranxeiros cos que negocia e que teñen un 41 por cento de Naturgy. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade