Publicador de contidos

Publicador de contidos

1.600 fogares de Nigrán quedan sen luz durante máis de 6 horas

1.600 fogares de Nigrán quedan sen luz durante máis de 6 horas

A causa do corte na subministración, din dende Naturgy, foi unha avaría na liña de media tensión

Os veciños quéixanse, quedan ás escuras case cada día

G24.gal 20/11/2025 14:09

Ás escuras remataron a xornada os veciños de 5 parroquias de Nigrán. Quedaron sen luz durante 6 horas e media e houbo que tirar de candeas para continuar co día porque non volveu a subministración ata a unha da mañá.

Os veciños din que levan case unha semana con paros intermitentes, que se repiten cada día. Son de minutos, pero poden danar os electrodomésticos. 

Empresas, bares desta zona..., tamén un ximnasio e unha farmacia que viron interrompida a súa actividade. 

Naturgy confirma que foron 1.600 usuarios os que quedaron sen luz entre as seis e media da tarde e a unha da mañá. A causa deste último apagamento din que é unha avaría na liña de media tensión. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade