Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jardí provoca o delirio na Malata no regreso do Rácing á Segunda División

Jardí provoca o delirio na Malata no regreso do Rácing á Segunda División

O Rácing ascende ao fútbol profesional despois de gañar por 1-0 ao Celta B

G24.gal 27/05/2023 21:14

O Rácing é equipo de Segunda División. Gañou por 2-0 diante do Celta B cun dobrete de Jaume Jardí. Custoulle moito ao equipo racinguista que non conseguiu marcar o primeiro gol ata o minuto oitenta de partido. 

No primeiro tempo notouse o nerviosismo dos dous equipos e o moito que había en xogo. Fran Manzanara tivo as mellores ocasións do Rácing con disparos desde fóra da área pero o equipo de Parralo non conseguía facer o fútbol doutras xornadas. 

O segundo tempo seguiu na mesma liña. Héber marcou un gol á saída dun córner, pero foi anulado por posición de fóra de xogo. 

Outra vez cos trocos volveu o Rácing a meter unha marcha máis. Forzaron a expulsión de Iván López por dobre cartón. Houbo un momento decisivo, un posible penalti por mans de Brais Martínez e na seguinte xogada chegou o tanto de Jaume Jardí, o gran heroe do ascenso. 

A festa na Malata era total e no tempo engadido o propio Jardí culminaba unha acción de Carlos Vicente, un dos mellores xogadores da competición. Así remataba o periplo de quince anos do Rácing fóra do fútbol profesional. A vindeira temporada Ferrol volverá a gozar coa Segunda División. 

A festa tamén foi para o Celta B que se aproveitou do empate do Linares e meterase na fase de ascenso como o quinto clasificado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos